“Plan de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais”
Informamos da finalización do “Plan de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais” do Concello da Estrada, que foi aprobado recentemente pola Direción Xeral de Montes da Xunta de Galicia e constitúe unha ferramenta clave para loitar contra o lume no noso Concello. Mediante este plan valoranse as infraestructuras existentes na Estrada para previr os incendios, revisase o estado dos montes e plantéxanse as medidas encamiñadas a crear faixas de proteción e sistemas efectivos para evitar os lumes no futuro.
Se queres descargar un resumo deste plan consulta a información que poñemos a túa disposición dende esta web.
O Proxecto
O proxecto “Formación e divulgación da Micoloxía” do Concello de A Estrada
O Concello da Estrada, para activar un proceso de recuperación dos seu montes e paliar o seu creciente abandono formulou un proxecto presentado ao abeiro da Orde do 12 de agosto de 2008 das axudas para programas de valorización integral e promoción da multifuncionalidade do monte no ano 2008. O proxecto, enmarcado dentro das Accións de Formación, Divulgación, e Concienciación consiste na realización de cinco cursos teórico -prácticos de micoloxía e dunha campaña de divulgación da posibilidade de dar un novo uso aos montes e unha alternativa aos cultivos tradicionais como o cultivo de cogumelos.







