O PROXECTO
Accións de Formación, Divulgación, e Concienciación
dEFINICIÓN DO PROXECTO
A Estrada Verde
O Concello da Estrada, para activar un proceso de recuperación dos seu montes e paliar o seu creciente abandono formulou un proxecto presentado ao abeiro da Orde do 12 de agosto de 2008 das axudas para programas de valorización integral e promoción da multifuncionalidade do monte no ano 2008.
O proxecto, enmarcado dentro das Accións de Formación, Divulgación, e Concienciación consiste na realización de cinco cursos teórico -prácticos de micoloxía e dunha campaña de divulgación da posibilidade de dar un novo uso aos montes e unha alternativa aos cultivos tradicionais como o cultivo de cogumelos.
O abandono dos montes non provoca só a perda en potencial productivo, senón tamén un deterioro paisaxístico, medio ambiental e económico por mor dos innumerables incendios que se espallan polas extensas áreas nas que se abandonan os coidados selvícolas.
A recolección de cogumelos converteuse en moitos lugares nunha actividade moi rendible cuxos beneficios son comparables aos obtidos pola mesma madeira. Nas zonas onde se aproveitan os cogumelos o soutobosque adoita estar ben rozado e extremanse as tarefas silvícolas para a mellora das matas forestais e a prevención dos incendios, para evitar que se perda o recurso micolóxico.
Para facer que as terras “a monte” pasen a unha situación de aproveitamento silvícola ordeado é preciso concienciar ós propietarios para que as vexan como áreas productivas de diversos recursos. De entre estes recursos, os cogumelos son un dos potenciais de maior valor que xenera o monte e, sen dúbida o que máis afecionados move, pola paixón e a satisfación que xeran a busca e a posterior degustación duns seres que se denominan por moitos como “o marisco do monte”.
O proxecto comprende unha campaña formativa e outra divulgativa, consistentes en:
A. Campaña formativa
Consiste na realización de 5 cursos de formación. Cada curso terá unha duración de 30 horas e inclúese nel a entrega de material didáctico, material de prácticas e unha viaxe formativa. Os cursos estarán dirixidos ós habitantes do Concello da da Estrada, segundo os seus intereses e ocupacións.
O plantexamento da formación consiste na realización de 2 cursos de micoloxía especializados e 3 cursos de micoloxía xeral:
*No caso de non cubrir prazas cos participantes preferentes procederase a completar os cursos por riguroso orde de inscripción
B. Campaña de divulgación
A campaña de divulgación da micoloxía no Concello componse dunha serie de apartados:
B.1 Estudo de Campo: traballo técnico para a identificación de ecosistemas e micotopos no Concello, avaliación da situación actual, problemática na productividade micolóxica e propostas de actuación futuras
Este traballo servirá de información de base para a realización das seguintes fases da campaña:
B.2. Mostra Didáctica
A mostra didáctica centrarase nunha exposición móvil que se irá movendo a diferentes salas de exposicións, asociacións, centros de ensino e casas rurais existentes no Concello. Os traballos para a creación desta mostra consistirán no deseño e elaboración de 15 paneis, deseño e elaboración de dípticos, elaboración dun audiovisual explicativo de 20’ e divulgación da actividade mediante carteis e anuncios na prensa local.
Dende esta páxina web podes acceder a un resumo da Mostra didáctica
VER MOSTRA DIDÁCTICA mediante LINKS a
- Datas de exposición da Mostra
- Paneis didácticos
- Audiovisual
B.3. Páxina Web
A páxina web na que te atopas é parte da campaña divulgativa do proxecto e tenta manter informado do desenvolvemento dos cursos de formación, recopilar os principais datos recollidos no estudio de campo e sintetizar a mostra didáctica, facendo mención das actividades de promoción do micoturismo que se realicen no Concello e animando ó visitante a coñecer a oferta de servicios micolóxicos que se creará vinculada á Asociación de Turismo Rural Mar de Compostela.






