RUTAS MICOTURISTICAS
Definiranse unha serie de rutas polo Concello mediante as que os afecionados poderán visitar lugares de interés micolóxico
Lugares de interes micoloxico
Mediante o Estudio de campo que se está a elaborar definiranse unha serie de rutas polo Concello mediante as que os afecionados poderán visitar lugares de interés micolóxico. A Estrada dispón de moitos ecosistemas con gran valor natural, algúns deles cunha grande productividade micolóxica.
Existen interesantes carballeiras de árbores centenarios nas que podemos atopar unha gran produción de cogordos (Boletus spp.) e netorra (Russula spp.). Ademáis tamén temos importantes piñeirais onde se dan os níscalos (Lactarius deliciosus) e os tortullos (Tricholoma spp.). A vocación agrícola dos vales fan que abunden praderías e pastadeiras nas que é frecuente coller boas cestas de zarrotas (Macrolepiota spp.) e champiñóns (Agaricus spp.)
A Estrada atópase delimitada polo N. polo río Ulla. Nas súas beiras atopámonos bosques de ribeira, bidueirais e carballeiras con especies de cogumelos moi interesantes. Ademáis atópanse no Concello os 3 mellores coutos salmoneiros de pesca de Galicia, os coutos de Sinde, Couso e Ximonde. O río Ulla e os seus afluentes (río Vea, Liñares,...) regan todo o Concello e manteñen unha rede de carreiros fluviais ideais para desfrutar dunha fermosa ruta pola natureza.
Un percorrido polo Concello permite ao afecionado visitar diferentes ecosistemas: praderías, bosques de ribeira, carballeiras, piñeirais e bidueirais, nun corto espacio de tempo, debido a diversidade paisaxística. Lembra que os montes da Estrada teñen os seus propietarios e non debes apañar cogumelos en predios cercados ou naqueles nos que exista unha prohibición expresa. Si atopamos algún paisano nos nosos paseos o mellor é solicitar permiso ós propietarios dos predios para apañar cogumelos.
Moi pronto poderedes consultar aquí algunhas das rutas micoturísticas máis salientables do Concello da Estrada...
Pero non esquezades que antes de apañar cogumelos hai que ter en conta unha serie de recomendacións ou reglas básicas que debe respetar calquer cogumeleiro. Antes de salir consulta nesta web o apartado das “Normas para apañar cogumelos”, un decálogo fundamental para o apañador respetuoso.












